miércoles, octubre 22, 2014

O PSOE LAVALLE A CARA A ALMUNIA NO PARLAMENTO

Miguel Tellado acusou onte aos socialistas de vir ao Parlamento galego a lavarlle a cara ao señor Joaquín Almunia e non a defender ao sector naval da ría de Ferrol. “Propoñen que o Estado español incumpra o Tratado Fundacional da Unión Europea e adopte unha decisión ilegal financiando con fondos públicos a construción do dique flotante en Ferrol, cando a normativa comunitaria estipula que as axudas públicas non poden superar o 15 por cento”.
Miguel Tellado recordou que “o mesmo que dixo o señor Almunia xa o afirmara en agosto de 2011 a ministra socialista Elena Salgado, cando recoñeceu que non era posible financiar o dique flotante con cargo aos orzamentos xerais do Estado porque serían axudas ilegais”.

No hay comentarios: