viernes, octubre 10, 2014

O PP LOGRA ACORDOS NAS PROPOSTAS DE RESOLUCION

O Debate sobre o Estado da Autonomía pechouse onte coa aprobación de 56 propostas de resolución, das que 39 correspondían ao Grupo Popular, catro do Grupo Mixto, dúas de AGE e as outras once froito de transaccións do PP cos grupos da oposición. A viceportavoz popular, Marta Rodríguez Arias, manifestou que “seguimos centrados nos asuntos que preocupan á cidadanía, apostando por consolidar a recuperación económica, por loitar contra o desemprego e polos servizos sociais e públicos de calidade” e lamentou que a oposición “apostou pola confrontación, por non acordar co grupo maioritario deste Parlamento”.
Rodríguez Arias recordou que “o Grupo Popular acudía a este debate coa mellor disposición para acadar acordos, porque os cidadáns nos piden buscar canles de entendementos entre todos os grupos”. Porén, lamentou que “os acordos non dependen do grupo maioritario, senón tamén de todos os grupos da oposición, que viñeron cunha disposición contraria aos acordos, reflectida tanto nas súas intervencións como nas súas propostas de resolución”.
“Deberían de reflexionar se están á altura das circunstancias do que os cidadáns nos están a pedir, porque o que non esperan de nós é que recorramos ao insulto, ás broncas, á crispación e á descualificación”, indicou a portavoz popular, quen animou a que “sigan facendo as súas análises catastrofistas, que nós imos seguir centrándonos nos temas que preocupan aos cidadáns, como fai o actual Goberno galego e o Grupo Popular coas súas propostas de resolución”.

No hay comentarios: