jueves, octubre 09, 2014

O PP DESTAPA O SECTARISMO SOCIALISTA EN NEGUEIRA DE MUÑIZ

O PP en Negueira de Muñiz, denunciou a realización de obras públicas en casas particulares pagadas con fondos públicos. José María Braña, portavoz do PP, puxo de exemplo un caso, onde se están construíndo, con cartos de tódolos veciños as beirarrúas na casa dun veciño de Negueira de Muñiz e esixiu que se aclare quen decide pagar con fondos públicos unha obra que afecta a un particular.
Criticou o voceiro dos populares o total e puro sectarismo que existe na vila posto que en lugares onde os veciños non votan ao PSOE, non se amaña o alumeado público malia a estar as luces fundidas e impedir así a visibilidade.
Así as cousas, José María Braña, invitou a Gómez Besteiro a visitar o municipio e ver a discriminación existente entre a parte de abaixo do pobo e a de arriba, posto que na segunda, está todo abandonado e sen amañar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nun concello onde quen contesta directamente ás chamadas é o alcalde... Xa vos podedes imaxinar cómo é de pequeno o pobo e qué fácil é facerse cacique. Todo é poñerse.