viernes, octubre 17, 2014

O PP DE O BARCO VAI A FISCALIA

O PP de O Barco compareceu onte na sede provincial do PP para dar conta da entrega á Fiscalía de 2.648 reparos técnicos efectuados á xestión do alcalde socialista barquense durante o período comprendido entre os anos 2003 e 2013. Tal e como explicou o portavoz municipal, Moisés Blanco Paradelo, esta nova documentación é importante por estar relacionada directamente co procedemento de Dilixencias Previas 0000224/2014 que está sendo tramitado no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº1 de O Barco de Valdeorras. De feito, os populares solicitan que os 2.648 reparos técnicos aportados "se incorporen ás dilixencias xa incoadas ou, no seu caso, que se acorde a incoación de novas dilixencias ".
Moisés Blanco analizou polo miúdo a natureza destes 2.648 reparos técnicos, dos cais 811 corresponden a obras, 625 a facturas, 564 á política de Persoal, 338 a subvencións e os 310 restantes a outros conceptos. No tocante ao número de reparos por anualidade, o portavoz dos populares barquenses explicou que durante o ano 2003 se produciron 134 reparos, en 2004 foron 198, 228 durante o ano 2005, 108 durante 2006, en 2007 producíronse 158, en 2008 foron 296, durante o ano 2009 producíronse 416, 241 durante 2010, 275 no exercicio 2011, 322 durante 2012 e, finalmente, durante 2013 producíronse 272.
Moisés Blanco afirmou que "demostran unha forma habitual de proceder, ignorando a lei e todo tipo de normativa, pervertindo a lei e utilizando as regras de xogo ao seu favor. De feito, este xeito de actuar parece indicativo dun notorio fraude electoral".
"O PSOE debería reflexionar sobre si quere que o seu máximo representante na FEGAMP, en calidade de vicepresidente primeiro, siga sendo un alcalde que acumula 2.648 reparos dos técnicos municipais. Reparos que non fan máis que poñer en entredito a súa xestión política á fronte do Concello de O Barco dende o punto de vista da lei", sinala o portavoz do Grupo Municipal do PP barquense.

No hay comentarios: