lunes, octubre 06, 2014

O ALCALDE DE OS BLANCOS AFILIASE O PP

O alcalde de Os Blancos, José Manuel Castro, que concurriu ás pasadas Eleccións Municipais como independiente por Alternativa Popular Galega, é un novo afiliado do PP de Ourense.
José Manuel Castro asinou a súa afiliación ao PPOU na sede provincial, e esta adhesión ás filas populares estivo refrendada por Manuel Baltar.
O rexedor de Os Blancos manifestou que "comeza un novo ciclo político no que busco o mellor para os meus veciños e veciñas". No tocante ás razóns polas que decidiu dar o paso de afiliarse ao Partido Popular de Ourense, José Manuel Castro sinala que "paréceme un proxecto atractivo, cunha gran sensibilidade polas necesidades do rural e onde sempre atopei diálogo e cooperación para acadar melloras para Os Blancos. A xestión do presidente provincial paréceme exemplar e me sinto moi identificado co seu proxecto basado na ourensanía".
No tocante a esta nova afiliación, o presidente provincial, Manuel Baltar, destaca que "no PP de Ourense sempre procuramos sumar, poñendo en valor ás persoas e ás ideas. Somos un proxecto aberto a todo aquel que queira participar e traballar activamente por mellorar esta provincia".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

José Manuel, sin acritud:

¿Cuanto ha costado esta operación?

Anónimo dijo...

Nada hombre, entrara en la brigada de la diputación de encargado

Anónimo dijo...

¿Alguna novia/o que colocar en la Deputación?