martes, octubre 07, 2014

MIGUEL TELLADO RESPIRA OPTIMISMO

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, nunha entrevista concedida a RNE, afirmou que “ambicionamos conservar as alcaldías que temos na actualidade e conseguir algunhas que aínda non temos”.
Falando en clave de eleccións municipais, o voceiro popular apuntou que o PPdeG ten “a responsabilidade de ser o partido maioritario, que representamos a maioría social do noso país e iso nos obriga a traballar dende a responsabilidade máis absoluta”. Así, indicou que “o PPdeG ten unha folla de ruta propia” e concorrerá ás eleccións municipais “non condicionado por terceiros”.
Segundo Tellado, “cremos que os cidadáns valoran que os gobernos actúen de xeito responsable e tomen medidas contra a crise” e, pola contra, como nas pasadas eleccións xerais de 2011, “castigan a aqueles que non fixeron nada contra a crise“.
Ao fío disto dixo que “obtivemos unha maioría de 11 millóns de votos que pedían que tomásemos medidas, algunhas das cales que eran necesarias aínda que quizás o Goberno non as quixera adoptar”. Tras os esforzos, indicou, “empezan a verse os resultados e en España hai 300.000 parados menos que hai un ano”.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Este tipo está de guasa. Lo único que le importa es el número de poltronas.

Anónimo dijo...

PAYASO XD QUE PREGUNTEN POR EL EN FERROL....

Anónimo dijo...

No solo en. Ferrol sino en cualqier sitio que pregunten a gente que haya trabajado con él: la gorgona, a su lado, es la madre Teresa de calcuta