viernes, octubre 03, 2014

MELLORA DOS CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL


Feijóo avanzou onte un incremento de máis do 82% da dotación económica aos concellos para a mellora dos camiños de titularidade municipal, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos residentes e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e dotación dos servizos básicos nas áreas.
Se fara mediante convenios de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e cada unha das catro deputacións provinciais para financiar as actuacións do novo Plan marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-15.
Os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5 millóns de euros (fronte aos preto de 14 millóns do Plan marco 2013-14) destinados á ampliación, mellora e mantemento dos camiños de titularidade municipal. “Isto supón un incremento do 82% sobre o plan anterior –incidiu-, que vai permitir mellorar un maior número de camiños no ámbito rural de Galicia”. “Pasamos de 14 millóns de euros a 25,5 millóns de euros, en colaboración entre a Xunta de Galicia e as catro deputacións, seguindo os criterios que marcou a Federación Galega de Municipios e Provincias”.

No hay comentarios: