martes, octubre 14, 2014

INICIATIVA DO PP PARA ABRIR MAIS O PARLAMENTO

Nas vindeiras semanas o PP procederá ao rexistro dunha iniciativa lexislativa dirixida a incrementar a participación da cidadanía nos traballos do Parlamento a través da presentación de iniciativas populares de impulso ao Goberno galego. Trátase de algo novidoso no conxunto do parlamentarismo español, pero ten un paralelismo co previsto no Parlamento Europeo, onde grupos de cidadáns poden presentar cuestións sobre as que queren que Europa regule ou lexisle.
Desde o Grupo Popular daranlle cumplimento a unha resolución aprobada no Debate sobre o Estado da Autonomía e presentaran unha proposición de lei que permitirá á cidadanía presentar proposicións non de lei para o seu debate no Parlamento. Neste momento, o Parlamento galego é un dos máis abertos para a presentación de iniciativas lexislativas populares, pero non hai canles de participación relativas a impulsar ao Goberno.
Esta é unha boa forma de reforzar a democracia representativa no sentido de que nas ordes do día a cidadanía poida facer que o Parlamento se pronuncie sobre unha iniciativa de impulso ao Goberno determinada.
Referíndose á resolución aprobada no Debate sobre o Estado da Autonomía, Pedro Puy dixo que “decidimos traer este tema ao debate para ver se conseguíamos un consenso”, pero lamentou que “non tivemos o apoio que esperábamos (o PSOE se abstivo e BNG e AGE votaron en contra) ao tratarse dunha iniciativa que potencia a presenza na Cámara de temas que preocupan á cidadanía e non están dentro das iniciativas de impulso que presentan os grupos parlamentarios”.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hay que abrir aún más el Parlamento. Abrir las puertas y las ventanas para que entre aire fresco... y para que salgan los que nunca debieron estar.

Anónimo dijo...

Y entrerar dinosaurios

Anónimo dijo...

Feijoo, me parece muy bien pero a ver si le lees esta lección a negreira- debió hacer pellas- pues el otro dia no permitió a hablar en el pleno a una mujer con una niña discapacitada