martes, octubre 21, 2014

FEIJOO NA PRESENTACION DE ARANTZA QUIROGA

Feijóo presentou onte a Arantza Quiroga, presidenta do PP vasco, que impartiu unha conferencia no marco do almorzo informativo de Nueva Economía Fórum-Tribuna Galicia. Feijóo avogou por manter as bases dese invento xenuíno que a transición chamou Estado das Autonomías, fronte aos ataques directos a este ou fronte aos ataques solapados. Para o responsable do Executivo galego, a razón de que se cuestione esta fórmula de convivencia dos pobos de España, non é que funcione mal, “senón todo o contrario”. “Funciona ben, propiciou moitos anos de estabilidade, garantiu a solidariedade, o equilibrio, o autogoberno na unidade, e iso, polo que se ve, molesta a algúns”.

No hay comentarios: