miércoles, octubre 01, 2014

FEIJOO NA DEFENSA DOS INTERESES DE GALICIA NO GRUPO PSA PEUGEOT

Feijóo agradeceu a PSA Peugeot a invitación para coñecer o Centro DS World Paris e o Centro de Realidade Virtual do Automotive Design Network (ADN) da factoría en Vélizy. Esta viaxe a Francia está centrada exclusivamente na automoción, “para coñecer os grandes centros técnicos de investigación e de deseño en Francia da compañía”. “Ver como deseñan e cal é a investigación e a innovación desta gran multinacional”, dixo, logo de precisar que o sector da automoción en Galicia supón o 14% do PIB. “Hai 12.000 familias que viven deste sector e temos un gran conxunto de fábricas de compoñentes de vehículos; son 14.000 as persoas que viven facendo pezas para vehículos multimarca e algo máis de 100 empresas. Polo tanto, hai unha ensamblaxe entre os intereses de PSA Peugeot e os intereses das industrias de compoñentes”, engadiu.

No hay comentarios: