jueves, octubre 30, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE CASTRELO DE MIÑO

O Clube Náutico de Castrelo de Miño acolleu onte o Congreso Local do PP nesta localidade. A única candidatura presentada foi a que lidera Avelino Pazos Pérez e acadou o 100% de apoio dos compromisarios que participaron neste proceso de elección.
O recén elixido presidente local deixou claro que o proxecto que se inicia hoxe dentro do PP local "é un proxecto integrador e conciliador, onde todos teñen cabida. Vimos aquí con humildade e ganas de traballar, aprendendo dos erros". Avelino Pazos Pérez calificou tamén o seu proxecto como "realista", cunha xunta local formada por "persoas con experiencia e xente nova con ilusión, frescura e moitas ganas de traballar a prol de Castrelo de Miño". No tocante a obxectivos, Avelino Pazos puxo énfase en acadar unha colaboración efectiva coas administracións "para apoiar a creación de empresas e tratar de poñer freo a un dos problemas máis graves de Castrelo de Miño: a despoboación". Ademáis, recalcou a necesidade de aproveitar as potencialidades do municipio, como é o caso do ámbito deportivo e náutico e dos recursos termais, coa necesaria mellora das vías de comunicación do concello.
O encargado de clausurar o Congreso foi  Manuel Baltar que refrendou as propostas de futuro plantexadas polo recén elixido presidente local e puxo de manifesto que "as potencialidades de Castrelo de Miño deben pasar pola cooperación e o traballo consunto entre administracións para acadar unha mellora efectiva na calidade de vida dos veciños e veciñas. A eles nos debemos e eles deben ser e son sempre a nosa máxima prioridade".

No hay comentarios: