lunes, octubre 20, 2014

CONGRESO EXTRAORDINARIO DE NN.XX. XINZO DE LIMIA

A sede local do PP en Xinzo de Limia acolleu esta fin de semana o Congreso Local Extraordinario de Novas Xeracións do PP nesta localidade. A única candidatura presentada foi a que encabezaba José Antonio Parente Camino, que acadou o 85,71% dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso orgánico.
O recén elixido presidente local de NNXX, José Antonio Parente Camino, sinalou durante a súa intervención que "Novas Xeracións somos as bases do PPOU e o noso máximo obxectivo ten dúas claves: traballar e sumar. A unión de todos nós é fundamental para que as palabras se convirtan en feitos. Todos somos un en NNXX de xinzo de Limia: ningún sobra e todos sumamos". Por último, Parente Camino recalcou que as liñas básicas de actuación "pasan polas 3T's: traballar, traballar e traballar".
Trala lectura do escrutinio, proclamación e intervencións do presidente electo, tomou a palabra Diego Gago Bugarín, quen refrendou as palabras do presidente local electo e puxo en valor o intenso traballo desenvolvido nas filas do PPOU, sobre todo no tocante á integración dos máis novos en política.
Por último, Manuel Baltar o encargado de pechar o acto. Alabou a vontade de traballo expresada polo presidente local electo de NNXX en Xinzo e sinalou que "os xóvenes son a garantía de futuro do noso proxecto político. Sempre defenderemos que a frescura nas ideas son unha clave fundamental para continuar evolucionando, xa que no PPOU se conxugan á perfección a xuventude coa veteranía".

No hay comentarios: