miércoles, octubre 08, 2014

AS CATRO POPOSTAS DO DISCURSO DE FEIJOO

Pedro Puy afirmou que a intervención de Feijóo no Debate sobre o Estado da Autonomía foi un “discurso moi centrado nas persoas, moi prudente, moi respectuoso e moi pegado á realidade de Galicia, no que se renderon contas de todo o que se está a facer e que permite, entre outras cousas, que este ano o debate teña lugar superada a recesión, aínda que non a crise”.
Pedro Puy distinguiu na intervención catro grandes propostas de impulso. A primeira delas, “de rexeneración democrática e de compromiso co noso sistema constitucional estatutario, pero desde unha perspectiva reformista e non pechada a chegar a acordos para mellorar o noso ámbito institucional”.
En segundo lugar, destacou a proposta dun impulso económico, no que subliñou a loita contra o desemprego “con dous plans específicos para a xuventude e para as persoas maiores de 45 anos que son os que máis necesidade teñen de acceder ao mercado laboral; pero tamén centrado nos sectores produtivos, centrado nunha boa xestión dos escasos recursos públicos e focalizado en favorecer a innovación e a internacionalización das nosas empresas”.
“En terceiro lugar, Feijóo falou dun impulso social, con grandes propostas para mellorar a educación, a sanidade, a xestión dos servizos sociais e centrado en propostas para o principal problema a longo prazo que ten o noso país: a demografía”.
Finalmente, referiuse ao “impulso a favor da cooperación a todos os niveis: co Estado, cos concellos, coa Unión Europea e tamén cooperación política”. “O discurso do Presidente foi unha chamada prudente á colaboración para conseguir saír da crise e a favor de que todos os partidos que teñan algo que aportar o fagan e podamos xuntos pactar cousas para saír da crise”.

No hay comentarios: