jueves, octubre 02, 2014

A INTOLERANCIA FAI DAS SUAS EN BARALLA

O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, condena a acción acontecida onte no Concello de Baralla onde un artefacto explosivo estallou na Casa Consistorial e provocou danos considerables.
Barreiro mandou unha mensaxe de apoio ao rexedor, Manuel González Capón, a toda a corporación de Baralla e a tódolos veciños da localidade e considera que os responsables destes actos manifestaron intolerancia, falta de respecto e carencia de valores democráticos.
O presidente provincial agarda e desexa que o traballo das Forzas e Corpos de seguridade permita identificar e deter canto antes ao autor ou autores da explosión e que se lles aplique todo o peso da Lei.
Malia aos danos acontecidos, José Manuel Barreiro subliña o feito de que non se produciran danos persoais.

1 comentario:

Anónimo dijo...

MONTERO DIMISION