jueves, septiembre 18, 2014

SOBRE A REDUCIÓN DE DEPUTADOS

Rueda lembrou que a proposta de reducir o número de deputados xa estaba plantexada na anterior lexislatura e o PPdeG foi acusado de querer levala adiante para mudar o resultado electoral a última hora. Como recordou Rueda, naquel momento os populares decidiron aparcar o tema e presentáronse ás eleccións gañando aínda máis apoios e cun programa electoral que incluía esa proposta. .
Polo tanto, apuntou que o partido quere ser consecuente e, ao igual que xa se fixeron axustes na Xunta, reducindo o número de delegados, conselleiros e altos cargos, agora tamén ve preciso acometer unha redución no Parlamento, que non por contar con menos deputados será menos eficaz.

No hay comentarios: