jueves, septiembre 11, 2014

SEGUEN AS LIORTAS NO PP DE O PORRIÑO

O alcalde de Porriño, Nelson Santos, presentou unha querela por inxurias contra Manuel Carrera, membro do goberno municipal e presidente local do PP. Tal decisión podería desencadear varias dimisións nas filas do PP que farían perigar a maioría da que goza o goberno local, e na previsión dun congreso local en outono.
A orixe da querela está nunhas declaracións de Manuel Carrera a un xornal á mantenta da súa comparecencia ante o xuíz que instrúe o sumario da Operación Multiusos, que investiga supostas irregularidades na contratación de obras e servizos municipais e a súa facturación. Na mesma están imputados, entre outros, o alcalde Nelson Santos e os concelleiros José Manuel Jacobo e Manuel Alejandro Alonso.
Na súa declaración xudicial, Carrera ratificou que algúns traballos facturados a Impi, unha das empresas investigadas, foron realizados por operarios municipais da Concellaría de Vías e Obras, da que é responsable.
No marco da tramitación da querela, Santos e Carrera foron citados a un acto de conciliación para o próximo mes de outubro.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

y en mas sitios también y cada día que pasa veremos más, ya que el pp es un partido roto, y después de las municipales veremos mucha hambre en las sedes del pp.

yo votaré podemos solo por ver como meten en la carcel a tanto chorizo y corrupto.

Anónimo dijo...

y por la provincia de Coruña, esto es un desastre. no se atiende a los concellos, piensan que ganaran solos