viernes, septiembre 19, 2014

QUINTO ANO DE PEREGRINACION A FRANQUEIRA

O PP de Salceda de Caselas organiza, por quinto ano consecutivo, unha marcha a pé ata o Santuario da Franqueira.
Será esta fin de semana, na madrugada do sábado a domingo. Todos aqueles que desexen participar nesta peregrinación deberán presentarse ás 04.45 horas da madrugada deste domingo, 21 de setembro, no torreiro da Igrexa de Santa María de Salceda para emprender o camiño cara esta localidade da Cañiza e vivir todos xuntos a xornada festiva.
Unha vez chegados á Franqueira o grupo de romeiros asistirá a unha das misas matinais e o regreso será por conta propia. No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas aprazarase para a vindeira fin de semana, ao mesmo día, hora e lugar.

No hay comentarios: