viernes, septiembre 26, 2014

PENDENTES DO QUE DIGA O TSXG

O PP tomará unha decisión sobre Paula Prado en función do que diga o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O TSXG anunciou a súa decisión de investigar a Prado por dous posibles delitos de fraude e tráfico de influencias no marco da Operación Pokemon durante a súa etapa como concelleira no concello de Santiago.
Feijóo preguntado por esta cuestión en conferencia de prensa tras o Consello da Xunta, alegrouse de que por fin poida declarar por esta cuestión, xa que pasaron dous anos e poderá dar a súa versión na instancia que lle corresponde. Dixo que estará atento á súa declaración e mostrou a súa esperanza de que poida facelo de forma inmediata, algo que será bo para a Xustiza e para a defensa dos dereitos constitucionais de calquera cidadán. "Estaremos atentos á súa declaración e á decisión do Tribunal Superior. Desde o punto de vista político é a clave".

No hay comentarios: