viernes, septiembre 19, 2014

O SABADO TRADICIONAL CONVENCIÓN EN OS MILAGROS

A próxima Convención de Cargos Públicos do PPOU se celebrará este sábado, como xa é tradicional nos últimos catro anos, en Os Milagros. Os populares ourensáns xuntaranse un ano máis en Os Milagros cun doble motivo:
En primeiro lugar recoñecer o traballo do mellor activo do PP de Ourense: aquelas personas que reciben o apoio directo dos cidadáns co instrumento decisivo en democracia que é a papeleta. Unha labor que nos convertíu na segunda provincia de España en apoio á candidatura popular nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo.
En segundo lugar para renovar a confianza no  proxecto político e así facelo de novo gañador dentro 248 días, nas vindeiras Eleccións Municipais.
O evento comezará ás 12.00 horas coa recepción de asistentes. A benvida correrá a cargo de Pablo Pérez, secretario de Organización do PPOU, a partires das 12.30 horas.
A quenda de relatorios dará comezo ás 12.35 horas con Susana Vázquez Dorado, alcaldesa de Porqueira, quen falará de “A importancia da política no rural”.
Ás 12.40 horas, o voceiro do PP en Ribadavia, César Manuel Fernández Gil, falará sobre “Ourense é Cultura”.
A continuación, ás 12.45 horas, a candidta única a presidir o PP de Barbadás, Consuelo Vispo Seara, disertará acerca de “O reto de presidir unha organización política”.
Cinco minutos despois, ás 12.50 horas, a concelleira do PP en Ourense, Beatriz Tejada falará de “A economía nos concellos, un factor clave”.
O último relatorio correrá a cargo de Argimiro Marnotes, alcalde do Carballiño, que falará ás 12.55 horas de “O Termalismo, xerador de riqueza”.
A clausura da convención comezará ás 13.15 horas coa intervención do alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana Nóvoa. A continuación, ás 13.25 horas, será o turno de Manuel Baltar. Pechará a convención Feijóo, ás 13.35 horas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Objetivo central de la convención: a ver como nos arreglamos para mantener/obtener el mayor número de poltronas.