martes, septiembre 23, 2014

O PPOU FAI EFECTIVO O MODELO DE NOVE DISTRITOS

A sede do PP de Ourense acolleu onte a tarde a primeira reunión de Manuel Baltar e de Rosendo Fernández cos presidentes dos nove distritos nos que os populares redistribuiron a cidade, tal e como se decidira no Comité de Dirección do PPOU. O obxectivo deste cambio responde a acadar un modelo máis cercano aos veciños e veciñas da cidade, así como máis adecuado á estructura da propia cidade na actualidade. A anterior división da cidade en distritos databa do ano 1977 e dividía a cidade en: Distrito 1: Centro (presidente: Miguel Abad) , Distrito 2: San Francisco (presidente: Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa), Distrito 3: O Couto (presidente: Aurelio Gómez Villar), Distrito 4: Mariñamansa (presidente: Jorge Pumar) e Distrito 5: A Ponte (presidente: José Araújo)
Os novos distritos do PPOU na cidade serán: Casco Histórico, Centro, San Francisco-Barrocás-Santa Mariña, San Francisco-A Rabaza-Ceboliño, O Couto-Centro, O Couto-Rural, Mariñamansa, A Ponte-Centro, A Ponte-Rural. A nova distribución organica dos populares ourensáns na cidade é a seguinte:
 - Casco Histórico presidente: Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa
- Centro presidente: Miguel Abad
- San Francisco-Barrocás-Santa Mariña presidenta: Belén Iglesias
- San Francisco-A Rabaza-Ceboliño presidenta: Amelia Belmonte
- O Couto-Centro presidente: Aurelio Gómez Villar
- O Couto-Rural presidenta: Mónica Mourelo
- Mariñamansa presidente: Jorge Pumar
- A Ponte-Centro presidente: José Araújo
- A Ponte-Rural presidenta: María Antonia Rilo
Tal e como lembrou na reunión, Manuel Baltar, hai menos dun ano (o pasado 24 de abril) que o PP de Ourense se puxo a traballar na reorganización do partido na cidade. Daquela, nunha reunión entre Manuel Baltar; o secretario provincial e responsable da Xunta Local, Rosendo Fernández; e os presidentes dos anteriores cinco distritos se puxo sobre a mesa a necesidade de reorganizar o partido na cidade para acadar unha mellor e máis cercanía cos veciños e veciñas. Esta reestructuración foi comunicada formalmente no Comité de Dirección.
Os presidentes dos novos distritos recibiron na reunión desta mañá toda a documentación necesaria para comezar a traballar de inmediato nas súas áreas da cidade: número de mesas electorais e listado de afiliados e militantes. O obxectivo inmediato é compoñer os equipos que traballarán en cada barrio de cara á preparación dos próximos comicios: as Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015. Precisamente, os presidentes de distrito son elementos fundamentais para canalizar todas as demandas e inquedanzas dos ourensáns cara os órganos de dirección do PPOU, tal e como explicou Manuel Baltar.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué banda. No hay ni uno decente

Anónimo dijo...

pero, cuándo fueron las elecciones para elegirlos?

Anónimo dijo...

Meu Deus !!! Con istes o pp vaise o carallo sin remedio

Anónimo dijo...

Esta noticia es de verdad o de broma ??Que estamos de cachondeo o que??si estos son lo que van ir me doy de baja en el partido pero YA.

Anónimo dijo...

Que vergüenza ,quieren hundir el partido en la ciudad con estos señores a los que no quiere nadie y que ni se pueden ver entre ellos.Ni mi voto ni el de mi familia va ser para estos individuos ,de pena ,mas de lo mismo para el batacazo final.Feijoo haz algo que estos nos dejan en seis concejales como mucho.Que vergüenza

Anónimo dijo...

Se puede mejorar la division de distritos. las lagunas y Velle no pintan nada en el Distrito Centro. Además en el distrito Centro esta el grueso de afiliados de la ciudad, con lo que lo más sensato seria dividir este en dos distritos o crear dos juntas de barrio del centro para hacerlo más operativo.

Anónimo dijo...

Es verdad, velle y las lagunas quedarian mejor en el distrito de A Rabaza - Ceboliño.