jueves, septiembre 11, 2014

O PP LOCAL DE PONTEVEDRA PREPARASE PARA AS MUNICIPAIS

O PP de Pontevedra celebrou o seu Comité Executivo na presenza de Alfonso Rueda. No encontro, o partido local determinou as súas áreas de actuación e designou ós coordinadores responsables de cada unha delas, co obxectivo de traballar con maior intensidade de cara ós comicios municipais que se celebrarán o vindeiro ano.
PP local non colleu vacacións este verán e a súa actividade foi incesante. Proba diso é a constitución de varias Xuntas Parroquiais, a creación do Comité de Acción Política, etc. durante o pasado mes de agosto. O PP en Pontevedra abre unha nova fase de encontros con asociacións e colectivos sociais e veciñais da nosa cidade.
As areas asignadas son: Políticas Sociais aMaría José Rodríguez Teso, Relacións Veciñais, Emprego, Economía e Comercio a César Abal, asuntos xurídicos a Mª José Rois, Acción Electoral a Blanca García-Señoráns, Cultura a Ana Isabel Vázquez, Comité de Acción Política: Iago Acuña, Comité de Urbanismo, Medioambente y O.T: Ricardo Aguilar. Coordinador de Xuntas Parroquiais e Obras Públicas, Tráfico e Movilidade:Pablo Fernández, Educación:Miguel Meijón, Deportes:Tomás Abeigón, Acción Cidadana e Servizos Xerales:José Luis Martín, Formación e Novas Tecnoloxías:Paula Villaverde, Comunicación e Turismo:Rosanna López, Xuventude:Francisco Izquierdo, Oficina do Cidadán:Eloísa Nogueira e Valedor do afiliado:Mar Fernández

1 comentario:

Anónimo dijo...

Este año sacan 7 concejales... Jajajaja