lunes, septiembre 29, 2014

O PP DE VEREA O 100%

O Congreso Local do PP de Verea celebrouse con unha única candidatura encabezada por Juan Antonio Martínez González, que acadou o 100% de apoio dos compromisarios que depositaron os seus votos.
Durante a súa intervención, Jose Antonio Martinez agradeceu a presencia dos asistentes ao Congreso Local, así como o apoio unánima á candidatura que el lidera. De feito, sinalou que "eu sempre terei un obxectivo ao frente do PP local: loitar incansablemente polo benestar dos veciños e veciñas do meu pobo". Juan Antonio Martínez González púxose á disposición de Manuel Baltar, para traballar arreo na vindeira campaña electoral, co fin de acadar o obxectivo político inmediato: Gañar as Eleccións Municipais de 2015, apuntalando ao PPOU como forza política hexemónica na provincia.
Neste senso, e xa no discurso de clausura Manuel Baltar, destacou que a máxima do PPOU "é o compromiso irrenunciable coa provincia de Ourense, o motor que nos impulsa a seguir traballando como ata o de agora: falando e, sobre todo, escoitando á xente. Só estando ao seu carón, podemos articular políticas coa implicación de todas as administracións para afianzar o benestar das mulleres e homes de Ourense".

No hay comentarios: