martes, septiembre 16, 2014

NN.XX. VISITA O VALEDOR DO POBO

Membros de Novas Xeracións visitaron ao Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, coa intención de coñecer de primeira man as inquedanzas dos cidadáns, así como de interesarse polas funcións e competencias desta institución.
Un grupo de 20 mozos e mozas, encabezado pola vicepresidenta de Novas Xeracións, Rosa Arza, acudiron á sede do Valedor e formularanlle preguntas sobre a súa labor como defensor do pobo e tamén sobre as demandas que lle formulan os cidadáns.
Para NN.XX. é fundamental coñecer cales son os problemas reais que lles traslada a cidadanía ao Valedor, especialmente a xuventude, para poder formular solucións e propostas que incluír no programa marco que entregarán ao PP de Galicia de cara ás vindeiras eleccións municipais.
Segundo o presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, é importante aproveitar oportunidades como esta visita ao Valedor, xa que se trata dunha institución moi próxima aos cidadáns, que cada día acoden alí a trasladar todo tipo de inquedanzas.

No hay comentarios: