jueves, septiembre 11, 2014

GONZALO ORDOÑEZ DEPUTADO NACIONAL

Gonzalo Ordóñez, substituirá como deputado nacional do PP pola provincia de Pontevedra a Irene Garrido, recentemente nomeada presidenta do Instituto de Crédito Oficial. Gonzalo Ordóñez renunciou onte ao seu posto de director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias na Xunta, e tomará posesión como deputado no Congreso.
O porriñes, Gonzalo Ordóñez Puime, casado e con dous fillos, é avogado de profesión desde 1981, e especialista en dereito mineiro. Desenvolveu as funcións de Fiscal no Distrito de Tui. Foi membro da Corporación Municipal do Porriño durante 14 anos, con desempeño das funcións de Tenente de Alcaldía durante 10 anos.

No hay comentarios: