lunes, septiembre 15, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE CALVOS DE RANDIN

O bar Joyma, en Pintieira, acolleu esta fin de semana o Congreso Local do PP en Calvos de Randín. José Manuel Andrade Rodríguez foi elixido presidente local co 96% dos votos emitidos polos compromisarios participantes. .
O presidente local electo quixo agradecer expresamente o abrumador apoio á súa candidatura, e puxo un especial énfase na necesidade de "fomentar a incorporación de xente nova á política local, que os máis novos se impliquen co proxecto político do PP". No tocante ao ámbito local, o obxectivo fixado por José Manuel Andrade Rodríguez é claro: "Gañar as vindeiras eleccións municipais", para o que propuxo, ademáis, a elección consensuada entre todos os militantes e afiliados da cabeza de cartel. "Calvos de Randín precisa dun goberno que saiba aproveitar os recursos propios do municipio e que pense nas persoas como obxectivo prioritario". .
Pola súa banda,  Manuel Baltar, encargado de clausurar o congreso local, recalcou que a aposta pola xuventude manifestada en Calvos de Randín "evidencia que no PPOU cremos nos xóvenes e, sobre todo, na frescura dos plantexamentos. E sen esquecer que o sabemos conxugar perfectamente coa experiencia e a veteranía. A cooperación a todos os niveis é algo irrenunciable para o PP de Ourense". Do mesmo xeito, aplaudiu o entusiasmo e ganas de traballar do PP local a prol dunha mellora substancial en Calvos de Randín, "onde os veciños e veciñas deben ser, e son, a máxima prioridade", concluiu Baltar Blanco.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ourense PROVINCIA non existe !!! só existe Galicia, La Bella.