lunes, septiembre 22, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE BARBADAS

Esta fin de semana celebrouse ao Congreso Local do PP de Barbadás. A única candidatura que concurría, liderada por María Consuelo Vispo Seara, acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección interno.
Durante a súa intervención, a presidenta local electa confesou que "hoxe asumo o reto máis importante da miña vida, que non é outro que coller o relevo á fronte da Xunta Local de Manuel Freire Couto". María Consuelo Vispo Seara, tivo palabras de agradecemento cara o seu antecesor, "do que só podo dicir boas palabras, pois levo formando parte do seu equipo dous mandatos municipais e sempre traballei moi a gusto", e asume hoxe a presidencia local do PP con proxectos tales como "mellorar a vida cotiá dos veciños e veciñas de Barbadás, seguir a liña de traballo trazada polo meu antecesor e facer chegar á xente o noso proxecto municipal". María Consuelo Vispo Seara, que entre 2007 e 2011 ocupou a Concellería de Cultura, Deporte e Educación, e actualmente dirixe as áreas municipais de Deporte, Xuventude, Atención Cidadá, Muller e Familia, recalcou que "o que máis satisface a un político é poder dar solución aos problemas que lles plantexan os seus veciños, e neso traballamos incansablemente".
Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra Manuel Baltar e Feijóo, encargados de clausurar o Congreso

1 comentario:

Anónimo dijo...

Barbadás, esta perdido a Chelo, soamente a queren, na sua casa, sei do que falo..