lunes, septiembre 29, 2014

CONGRESO LOCAL DEL PP DE RUBIA

Casa de Cultura de Rubiá acolleu esta fin de semana o Congreso Local do PP neste municipio. A única candidatura presentada foi a liderada por Elías Rodríguez Núñez, que acadou o respaldo unánime dos compromisarios que participaron neste proceso electoral interno.
O recén elixido presidente local fixo unha recomendación: "Que dada a cercanía das Eleccións Municipais, a redacción dos programas electorais sexan sinxelas e viables, porque precisamos que a xente saiba que o que prometamos, o imos cumprir totalmente". Elías Rodríguez sinalou no seu discurso que os eixos sobre os que fundamentará os seus proxectos "pasan irrenunciablemente "polo mantemente e mellora dos nosos servizos, apuntalando sobre todo os servizos sociais e abogando pola recuperación de vivenda municipal, que son as necesidades máis salientables en Rubiá".
A clausura do Congreso Local do PP de Rubiá correu a cargo de Manuel Baltar quen agradeceu aos militantes, afiliados e simpatizantes do PP local a súa implicación e compromiso cos veciños. "É o primordial dun político: estar sempre ao carón da xente, falando e sobre todo escoitando, para acadar solucións aos seus problemas con honestidade, loitando pola cooperación e sempre falando claro e dando a información precisa en cada momento. Eso é o que nos identifica dentro do Partido Popular de Ourense, por algo somos a forza política que máis se parece e coa que máis se identifican as persoas desta provincia".

No hay comentarios: