martes, septiembre 30, 2014

CINCO NOVOS CONGRESOS LOCAIS DO PPOU

A Xunta Directiva do PP de Ourense fixa a data de cinco novos congresos locais para o mes de novembro, unha xunta na que tamén participou como convidado Alfonso Rueda.
Neste encontro, que se desenvolve periódicamente, se analizaron tódalas cuestións relativas á actividade do PP de Ourense, xa inmerso na preparación das Eleccións Municipais de 2015, sendo a primeira forza política de España en constituir o seu Comité de Campaña. Tamén se fixo un repaso aos congresos locais celebrados ata a data (58), coa consecuente renovación do 53,36% das xuntas locais da provincia.
Un dous puntos máis salientables que se abordou na reunión da Xunta Directiva Provincial do PPOU foi a aprobación do calendario de cinco novos congresos locais durante o vindeiro mes de novembro.
Os próximos congresos locais do PP de Ourense durante o vindeiro mes de novembro serán en Cartelle (día 14), Montederramo (día 20), Maside (día 21), Beariz (día 27), Ramirás (día 28). Ábrese agora o prazo para a presentación das candidaturas que concurrirán nestes procesos de elección entre a militancia de cada xunta local.
Tamén nesta sesión se aprobou a convocatoria do Congreso Extraordinario de Novas Xeracións do PP en Xinzo de Limia. Será o vindeiro 17 de outubro.
Manuel Baltar destacou ante os membros da Xunta Directiva do PPOU que a fase de renovación das 92 xuntas locais do partido está desenvolvéndose con total normalidade e seguindo o cronograma fixado nas súas propostas de goberno tralo Congreso Provincial do mes de marzo de 2013. Ademáis, lembrou o compromiso de que antes de final de ano estarían celebrados 70 congresos locais na provincia. "Este é só un dato que evidencia o intenso traballo que desenvolvemos no PP de Ourense a diario, independientemente da cercanía ou non de citas electorais", abogando por acadar mellores cotas de cooperación en pro de exercitar políticas que redunden sempre no benestar dos veciños e veciñas de Ourense.

1 comentario:

Anónimo dijo...

El paripé de siempre para hacer una foto.