lunes, septiembre 29, 2014

ARGIMIRO MARNOTES PRESIDENTE DO PP DE O CARBALLIÑO

Esta fin de semana celebrouse o Congreso Local do PP de O Carballiño. A única candidatura que se presentou foi a encabezada por Argimiro Marnotes Fernández, que acadou o 97,73% de apoio dos compromisarios.
Durante a súa intervención, Argimiro Marnotes non quixo deixar pasar a oportunidade de agradecer a todos os asistentes ao congreso local o apoio amosado cara a candidatura que preside. De feito, avanzou que a nova Xunta Local do PP de O Carballiño está integrada por 48 persoas, "un equipo amplo e heteroxéneo onde aunamos diferentes perspectivas, inquedanzas e sensibilidades, co cal abarcamos un certero reflexo do que precisa a cidadanía desta vila". Tamén lembrou Argimiro Marnotes, reelixido como presidente local, que a primeira vez que presidiu o PP local, en 2010, "tamén constituimos un equipo amplo e fumos encadenando victorias electorais en todos e cada un dos procesos aos que concurrimos". Por iso mesmo, o obxectivo a curto prazo "é seguir traballando en facer partido, fortalecer o noso equipo e apuntalar a nosa hexemonía no que a preferencias políticas dos cidadáns de O Carballiño se refire".
Neste senso tamén se pronunciou Alfonso Rueda, quen agradeceu o intenso traballo que realizan os populares da Vila do Arenteiro. Xa no discurso de clausura Manuel Baltar, destacou a fortaleza do PP a nivel local presidido por Argimiro Marnotes e recalcou que "o PP é unha garantía de éxito para acadar melloras na calidade de vida no Carballiño, onde a cooperación, o traballo, a xestión e as ideas son o básico deste proxecto".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero no quedamos en que imputados no se iban a presentar en las listas?