martes, septiembre 09, 2014

ANTONIO PEREZ PRESIDE O PP DE XINZO

A Casa de Cultura do Concello de Xinzo de Limia acolleu esta fin de semana pasada o Congreso Local do PP neste municipio. A única candidatura presentada, a liderada por Antonio Pérez Rodríguez, acadou o 97,6% dos votos emitidos polos compromisarios que participaron neste proceso.
Antonio Pérez comezou a súa intervención agradecendo "o intenso traballo que leva a cabo o PP de Xinzo de Limia todos e cada un dos días do ano. Un equipo unido de persoas, sempre sumando e traballando a prol do noso municipio e dos nosos veciños". Antonio Pérez Rodríguez tamén avanzou os retos de futuro marcados dende o PP local: "O noso máximo obxectivo é mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. E para eso é preciso a creación de emprego, punto de partido imprescindible para que redunde na mellora dos servizos". A mellora nas infraestruturas e posta en marcha de proxectos en colaboración co resto de administracións tamén foi un dos eixos do discurso do presidente local electo, do mesmo xeito que, en clave orgánica do partido, Antonio Pérez recalcou a importancia de "manter a unidade dos nosos militantes e simpatizantes ao carón do PP, e fomentar a incorporación da xente nova á política, sobre todo reforzando as Novas Xeracións de Xinzo de Limia".
Trala intervención de Antonio Pérez, tomou a palabra Alfonso Rueda, quen salientou a intensa actividade orgánica desenvolvida no PP de Ourense, con 53 congresos locais celebrados ata o día de hoxe.
Manuel Baltar, encargado da clausura do Congreso Local de Xinzo de Limia. "A capacidade de traballo do PP de Ourense baséase na cooperación, en estar ao carón da xente e en exercer a política con maiúsculas: a que da resposta ás necesidades e problemas dos cidadáns", recalcou o presidente provincial durante o seu discurso.

No hay comentarios: