jueves, septiembre 18, 2014

ALFONSO RUEDA ABREU CURSO POLITICO NA COPE

Nunha entrevista na COPE, Alfonso Rueda, dixo que non fai ningún favor á democracia a actitude e os insultos de certos partidos no Parlamento. O PPdeG vive con mágoa pero con serenidade esa crispación constante no Parlamento, que alimentan algúns partidos mediante o insulto e o berro. Como indicou Rueda, os populares evitan caer nas provocacións. O que se está a vivir nesta lexislatura na Cámara non sucedeu nas anteriores, polo que cabería cuestionarse se agora pasa porque entraron certas persoas que agora actúan desta maneira. Para Rueda, esa actitude non se pode tolerar e lamenta que se meta a todos os políticos no mesmo saco. .
Preguntado se o PPdeG bota en falta un PSOE máis sólido co que poder chegar a acordos importantes, Rueda afirmou que non só os populares senón que tamén o bota en falta o conxunto da cidadanía. Para o dirixente popular, ao igual que é preciso contar cun Goberno forte e sólido, tamén é preciso contar cunha oposición así, que cumpra coa súa labor e sexa responsable nos asuntos importantes. .
Neste senso, lamentou que no seo do PSOE impere o desnorte e non haxa unha dirección. Con respecto a isto, Rueda asegurou que o PSOE xa non é o partido serio, fundamental na estrutura política de España, como o foi noutras épocas. .
Por iso, agarda que a situación cambie posto que finalmente esa situación de desnorte e de falta de autoridade non fai máis que xerar inquedanza.

No hay comentarios: