martes, julio 01, 2014

SEIS NOVOS CONGRESOS LOCAIS NO PP DE OURENSE

A Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense, na súa reunión de esta tarde, acordou a convocatoria de seis novos congresos locais para o mes de setembro. Serán en Xinzo de Limia (día 5), Calvos de Randín (día 12) Barbadás (día 19), Rubiá (día 25), Verea (día 26) e O Carballiño (día 27 de setembro).
Ata a data, o PP de Ourense xa ten celebrados 50 congresos locais, coa consecuente renovación nas súas respectivas xuntas locais.
Manuel Baltar, destacou o intenso traballo orgánico que supón a celebración destes congresos coas eleccións de novos presidentes locais en tódolos municipios da provincia. "O traballo dentro do PPOU ten un ritmo constante e imparable. Somos unha forza política viva e acorde ás necesidades que nos plantexan día a día os nosos afiliados e militantes. Somos o motor político de Ourense".
Dentro da actividade ordinaria dos populares ourensáns, na Xunta Directiva Provincial desta tarde -á que asistiu o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández- tamén se anunciou a celebración da cuarta edición da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco". Esta actividade, que este ano chega á súa cuarta edición, é unha das citas clave no panorama político estival na provincia. Celebrarase no Carballiño do 11 ao 13 de xullo. O seu obxectivo é claro, tal e como puxo de manifesto Manuel Baltar: "Tratar todos os aspectos relacionados cos dereitos fundamentais e as liberdades públicas e non cabe dúbida, que un referente indiscutible dos dereitos e liberdades públicas é o edil Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA hai dezasete anos".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como si a alguien le importara algo esto mientras Baltar es procesado. ¿No habláis nada sobre la ignorancia repentina del cacique?