martes, julio 29, 2014

PIDEN A REFORMA ELECTORAL PARA SETEMBRO

“O único escenario que contempla o Partido Popular de cara ás eleccións municipais de 2015 é que se faga esa reforma electoral que permita que goberne a lista máis votada en todos os concellos”, así de contundente se amosou Rafael Louzán, na Xunta Directiva que os populares celebraron na Illa de San Simón.
Louzan pensa que Mariano Rajoy debería abordar esta reforma a partir de setembro e co fin de que estea aprobada de cara ás próximas eleccións locais, “porque é unha vella reivindicación que non só se recollía no programa co que actual goberno do PP se presentou ás pasadas eleccións xerais senón que tamén se contemplaba no programa do PSOE de 2004”.
O PP goberna actualmente en 47 concellos da provincia, aínda que gañou as eleccións en 52 de 62 concellos. “Nalgúns destes 10 concellos nos que o PP non goberna a pesar de gañar as eleccións, partidos coa representacións de un só concelleiro apoiaron que o segundo partido máis votado fora o que accedera a alcaldía, e no caso de Vigo, o BNG non só impediu que gobernara a lista máis votada apoiando ao PSOE senón que despois se desentendeu do goberno local para quedar na oposición”.
Louzan defende que o partido que gañe as eleccións goberne e que o que perda estea na oposición, e é unha vella reinvindicación dos populares desta provincia desde hai moitos anos. “Defendemos que o que gañe goberne, sexa o partido que sexa, porque consideramos que iso é o xusto e o que garante unha maior gobernabilidade nos concellos”.
A Xunta Directiva provincial amosouse convencida de que a reforma electoral que permita que goberne a lista máis votada é a única fórmula válida para asegurar que se cumpra a vontade dos electores, a única que garante a lexitimidade dos gobernos locais e a que evitaría esas coalicións por intereses dos partidos perdedores.

No hay comentarios: