lunes, julio 07, 2014

O PP DE PONTEVEDRA PREPARANDO AS MUNICIPAIS

Os alcaldes e voceiros do PP reuníronse co fin de tratar os asuntos de actualidade que máis preocupan neste momento nos concellos e de cara a afrontar as eleccións municipais do próximo ano.
Conclave do PP de Pontevedra no Parador de Pontevedra co obxectivo de unificar criterios e establecer modelos de conduta para eses 320 días de calendario que faltan. Trátase da primeria reunión que os populares da provincia van a realizar por todas as comarcas, nas que a cúpula provincial ten a oportunidade de escoitar cal é a situación económica, social e política dos diferentes concellos.
Houbo unanimidade dos alcaldes e portavoces do PP das comarcas de Pontevedra, Caldas de Reis e Ou Morrazo á proposta que saíu da Moncloa para que os alcaldes sexan nomeados pola lista máis votada. O aplauso a esta proposta foi absoluto. Consideran que é algo que xa fai tempo xa barallara o propio PSOE (agora non opina o mesmo) e que é moito máis democrático que o método actual, ademais evita xerar conflitos de alianzas que terminan, en moitos casos, en mociones de censura que non fan outra cousa que crispar o ambiente político e frear a xestión. Neste sentido aplaudiron aos máximos responsables do PP que alí estaban: Alfonso Rueda e Rafael Louzán.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Baixo a batuta do bedel

Anónimo dijo...

JAAAAAAAAjajajajajajajaaa... o bedel chama ao timbre e hai van os entendidos todos.