jueves, julio 17, 2014

MILLAN MON NA COMISION DE EXTERIORES DO PARLAMENTO EUROPEO

Francisco Millán Mon foi elixido polo PP Europeo para traballar na Comisión de Asuntos Exteriores do Parlamento comunitario. Ademais, será membro suplente na Comisión de Pesca, de vital importancia para Galicia.
O eurodeputado popular será, pois, un dos encargados de fixar posición dentro do grupo maioritario na Eurocámara en todos aqueles asuntos de política internacional que afecten a Europa, o cal demostra a relevancia do cargo.
Así, Francisco Millán Mon debutou nesta nova Lexislatura europea incidindo na necesidade de que se cumpra a tregua establecida en Ucrania. No Parlamento Europeo, o dirixente popular fixo un chamamento a Rusia para que se implique na solución do conflito e exerza a súa influencia sobre os rebeldes secesionistas. "Rusia debe facer moito máis. A fronteira non pode continuar aberta ao tráfico de armas e grupos armados. Rusia ten que tomar medidas efectivas", asegurou.
Millán Mon expresou a súa convicción de que Rusia ten que cooperar máis para solucionar unha crise que aquel país "contribuíu a desencadear cun comportamento contrario ao dereito Internacional".
Ademais, manifestou que lle gustaría unha maior presenza e unha maior visibilidade da Unión Europea na solución do problema, en especial nos foros de diálogo e negociación creados para afrontar a crise.
Por outra banda, no debate que sobre as actuais negociacións do Acordo de comercio e investimentos entre a UE e EE.UU (o chamado TTIP), o parlamentario popular interveu para apoiar un acordo cos EE.UU que sexa ambicioso, equilibrado e mutuamente beneficioso. "Será moi importante para o crecemento e o emprego que necesitamos".
Millán Mon destacou igualmente que o acordo servirá para revitalizar as relacións entre dous socios estratéxicos, e máis agora cando tanto se fala do xiro na política exterior de EE.UU que prioriza a rexión Asia-Pacífico en detrimento de Europa.
O eurodeputado galego tamén subliñou que o acordo de libre comercio con EE.UU pode abrir a perspectiva dun gran espazo económico triangular que incluiría a varios países latinoamericanos cos que tanto a UE como EE.UU teñen xa importantes acordos comerciais.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Cuñaaaaaaaaaoooo!!!

Anónimo dijo...

Borriquito como tú...turururu!! de los Mon de toda la vida, los desamortizadores.

Anónimo dijo...

¿Elixido para traballar? Ja,ja,ja. Buena broma para celebrar el 18 de julio.

Buen fin de semana a todos