martes, julio 15, 2014

JACOBO MOREIRA NOVO PRESIDENTE DO PP DE PONTEVEDRA

Jacobo Moreira dende esta fin de semana é o novo presidente local do PP de Pontevedra tras obter o 97,2% dos votos dos afiliados que acudiron ao Galicia Palace, lugar no que se celebrou o cónclave.
Moreira, o único candidato ao cargo, substitúe así a Telmo Martín, presidente do PP pontevedrés desde 2007. O novo comité executivo estará formado por un total de 22 membros, entre os que se inclúen a Lupe Murillo, José Benito Suárez Costa ou Arturo Casal. A idade media do novo executivo rolda os 40 anos e está formado por 11 mulleres e 11 homes.
Na clausura participaron Feijóo, Rafael Louzán, e Alfonso Rueda.

No hay comentarios: