jueves, julio 10, 2014

IV ESCOLA DE VERAN “MIGUEL ANGEL BLANCO”

A sede do PP de Ourense acolleu a presentación da cuarta edición da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco", iniciativa formativa do PPOU adicada aos Dereitos Fundamentais e Liberdades Públicas. Como cada ano, se desenvolverá na Casa da Cultura do Carballiño, durante os días 11, 12 e 13 de xullo.
Os encargados de presentar a cuarta edición da Escola de Verán, que este ano terá como lema "O Turismo Cultural: Clave para a reactivación económica", foron o vicesecretario xeral do PPOU, Jorge Pumar; a voceira do PP de Ourense, Cristina Romero; e o secretario executivo de Formación dos populares ourensáns, César Blanco.
Neste senso, César Blanco abundou en que unha liña estratéxica do PP de Ourense é a aposta clara pola formación, tanto dos afiliados como dos representantes populares nas institucións. Como exemplos, citou o Centro de Estratexia e Formación "Roberto Padilla" e a propia Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco", sen esquecer as diversas xornadas que teñen lugar na sede dos populares, con temáticas sobre o "coaching", ou a presenza nas redes sociais en colaboración co departamento de Intelixencia Tecnolócia do PPOU. "Formación e comunicación, nas vertientes interna e externa, son dous dos piares do proxecto político que máis se parece a Ourense", concluiu o secretario executivo de Formación, César Blanco.
Pola súa banda, Jorge Pumar, sinalou que serán en torno a 150 os militantes do PPOU que participarán esta fin de semana na Escola de Verán, con diversas ponencias nas que se ensalzará ao Turismo Cultural como motor económico das innegables oportunidades para Ourense. "Impulsamos esta escola de Verán para sumar potencialidades, analizar ideas e debatir os asuntos máis punteiros da actualidade social", sinalou Jorge Pumar. "A participación dos cargos locais do partido, acompañados por figuras relevantes da nosa organización, contribuirá a engrandecer o noso proxecto político na defensa dos intereses de tódolos galegos". Por último, quixo agradecer de xeito especial a presencia de Arantza Quiroga, presidenta do PP do País Vasco, participando na clausura desta Escola de Verán xusto na fin de semana na que se cumpren 17 anos do vil asasinato do xoven concelleiro de Ermua.
Por último, Cristina Romero, foi a encargada de relatar o programa previsto para a Escola de Verán. Comezará o venres 11 de xullo, ás 18.00 horas, coa inauguración a cargo de César Blanco Gómez, Rosendo Fernández, Argimiro Marnotes e ella mesma. Ás 18.30 horas, terá lugar o relatorio "Santiago de Compostela, a imaxe de Galicia", a cargo de Agustín Hernández e presentado por Manuel Blanco. Unha hora despois, ás 19.30 horas, Francisco Conde falará, presentado por Beatriz Tejada, da "Economía Galega e o impacto do turismo. A industria cultural".
A xornada do 12 de xullo comezará ás 18.30 horas, co relatorio "O Plan Integral de Turismo de Galicia 2014-2016", a cargo de María Nava castro Domínguez e presentada por Moisés Blanco Paradelo. Unha hora despois, Argimiro Marnotes Fernández falará sobre "O Plan Termal Provincial", presentado por Rosendo Fernández.
A xornada de clausura, o domingo 13 de xullo, comezará ás 11.30 horas, cunha mesa redonda titulada "O Turismo, presente e futuro de Ourense", na que participarán José Manuel Rodríguez González, María del Carmen Pardo López, María del Carmen Yáñez Salgado e Miguel Santalices, que exercerá de moderador.
O acto de clausura será ás 13.00 horas, coas intervencións de Manuel Baltar, e da presidenta do PP do País Vasco, Arantza Quiroga Cía.

2 comentarios:

mr jiminy cricket dijo...

Una vez más, bien por los populares amigos de Orense que hacen que el nombre del mártir de nuestro Partido no caiga en el olvido.

Anónimo dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=gCYWojgPYE4