lunes, junio 23, 2014

RENOVACIÓN NAS NN.XX. DO PP DE PONTEVEDRA

O estradense Pablo Carollo Ramos resultou elixido presidente provincial de NNXX de Pontevedra tras obter o 97,05% dos votos. A organización xuvenil celebrou o seu VIII Congreso provincial, que supuxo un proceso de renovación, non só do ideario da formación, senón tamén de persoas. Así, o equipo de Diego Gago, agora presidente autonómico, deu paso a unha nova directiva, presidida por Pablo Carollo, e cunha renovación dun 70%.
O novo Comité Executivo presidido por Pablo Carollo e que dirixirá a organización xuvenil durante os próximos anos na provincia está formado ademais por Sonia Expósito como vicepresidenta, Iago Acuña, secretario xeral, e outros membros como: Ana Teresa Iglesias, David Castro, Luis Álvarez, Celeste Pazos, Nuria Lamas, Alejandro Torres David Touriño, Javier Rodríguez, Manuel Méndez Bruno Portela, Juan Penide, Ramón Vilas, Guillermo Juncal, Miguel Alejandro Fernández e Juan Enrque García, Rita García Mon, Nuria Morgade, Leo Costas, Borja Arca e Paula Villaverde.
Carollo quixo amosar o seu agradecemento ás persoas que o avalaron para presentar a súa candidatura, entre os que destacou ao alcalde da Estrada, José López Campos, e aos compañeiros de toda a provincia que apostaron por el co seu voto para presidir a organización xuvenil.
A mesa do Congreso estivo presidida polo pontevedrés, Arturo Casal, e Nuria Morgade e o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, foron os encargados de ler os comunicados do Congreso.
Pablo Novas, anterior secretario provincial de NNXX; foi o encargado de dar conta do informe de xestión e aproveitou a súa intervención para despedirse e dar as grazas a todos aqueles que durante estes anos lle deron o seu apoio.
Trala presentación da candidatura e a posterior votación e proclamación do presidente electo, comezou a clausura, na que participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente do PP de Mos, Camilo Augusto Martínez, o presidente autonómico de NNXX, Diego Gago, o secretario de NNGG e deputado autonómico, Javier Dorado, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o secretario do PP de Galicia, Alfonso Rueda.

No hay comentarios: