viernes, junio 20, 2014

PABLO CAROLLO PROXIMO PRESIDENTE DE NN.XX. PONTEVEDRA

O estradense Pablo Carollo Ramos será o único candidato á presidencia de Novas Xeracións da provincia de Pontevedra noVIII Congreso provincial. Carollo entregou xa as máis das 400 sinaturas que o avalan como candidato. Conseguiu, polo tanto, o dobre dos avais esixidos polo Regulamento do Congreso a todos os que decidisen aspirar á Presidencia de Novas Xeracións Provincial.
O cónclave terá lugar o próximo sábado, 21 de xuño, ás 12.00 horas no Multiusos das Pozas en Mos. Está previsto que na clausura participen Alfonso Rueda, Rafael Louzán, Javier Dorado, Diego Gago, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
O que previsiblemente se vai converter o próximo sábado no presidente da organización político xuvenil máis grande da provincia explicou que a súa intención é continuar co traballo realizado polo anterior presidente, Diego Gago, incorporando novos afiados ao partido, reactivar a implicación e participación política dos máis novos e apostar pola formación.
Pablo Carollo Ramos naceu na Estrada en agosto de 1988. É licenciado en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e actualmente está a facer un Máster en Dirección e Xestión Loxística na Cadea de subministros pola Universidade de Vigo.
Carollo inicia a súa andadura política en maio de 2011 ao formar parte da candidatura do Partido Popular da Estrada, encabezada por José López Campos, nas pasadas eleccións municipais.
Actualmente é secretario de NNXX da Estrada e forma parte tamén do Comité Executivo de NNXX de Galicia. Desempeñou tamén o cargo de vicesecretario de Novas Tecnoloxías de NNXX Provincial de Pontevedra.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ya tiene más que sus antecesores... Una carrera...