jueves, junio 19, 2014

O PP DE PONTEVEDRA DESPIDESE DE AGUSTIN HERNANDEZ

A Xunta Directiva Provincial do PP de Pontevedra reuniuse acompañados do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, para renderlle unha homenaxe en sinal de agradecemento a un dos seus membros: Agustín Hernández, que vai rexir o coruñes concello de Santiago.
"Foron moitos anos de convivencia e por iso queremos facerlle un agradececmento, impulsado incluso polo propio conselleiro Agustín Hernández que nos pediu facer unha despedida dos alcaldes e voceiros da provincia de Pontevedra, un feito que o engrandece unha vez máis como persoa", subliñou Rafael Louzán.
"Queremos darlle as grazas e queremos desexarlle o mellor"
Louzán considera que a elección de Agustín para asumir a alcaldía de Santiago de Compostela foi acertada. Estamos contentos de que o PP de Galicia lograra esa unión perfecta para atopar á persoa máis capaz para asumir este reto.
“Perdemos a efectos de compañeiros a un extraordinario conselleiro e a unha persoa cunha calidade humana extraordinaria, pero esta é a vida pública".
“Tamén lle queremos agradecer a Agustín, o labor realizado á fronte dunha consellería na que sempre estivo á altura e a que máis investiu nas últimas dúas décadas.”

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vamos a ver, sabe alguien si le sustituirá nuestro candidato de Pontevedra en el prlmento o quieren darle matarile?? Que hay también del congreso en Pontevedra??