lunes, junio 23, 2014

MULTITUDINARIO CONGRESO LOCAL DO PP DE AMOEIRO

Celebrouse o Congreso Local do PP de Amoeiro, a única candidatura que concurría, liderada por José Ángel Sampayo Fernández, acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección interno.
Durante a súa intervención, o presidente local electo anunciou tres grandes compromisos. No eido municipal, proclamou que o próximo alcalde ou alcaldesa de Amoeiro vai pertencer ao PP. "E dende o minuto un da súa elección, vai presentar un informe patrimonial no que certificará os seus bens no momento de entrar a gobernar. Este documento será actualizado cada ano e culminará ao final no mandato". O segundo dos compromisos será que Amoeiro, cun goberno municipal popular, publicará na web do Concello "todos e cada un dos gastos que a administración local realice, co fin de que todos e cada un dos euros de cartos públicos dos habitantes de Amoeiro se coñezan con total transparencia".
No ámbito orgánico, José Ángel Sampayo Fernández recalcou que a nova xunta local do PP "estará aberta a todos os veciños e veciñas de Amoeiro, co fin de que aporten ideas para un proxecto común que será realizado por e para os veciños, amosando exemplaridade no día a día". Ademáis, recalcou que o primeiro cometido da xunta local será a elaboración do programa electoral para as vindeiras eleccións municipais. Este traballo se dará a conocer no mes de xaneiro, data na que tamén se coñecerán as persoas que se encargarán de levar a cabo este programa na acción de goberno municipal.
Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra Alfonso Rueda, e Manuel Baltar, encargado de clausurar o Congreso Local.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Canto conjreso e canto conjresista...pero o paro e a emijración sejen a correr...canto conjreso e canto conjresista...

Anónimo dijo...

Einn??