miércoles, junio 18, 2014

EN PONTEVEDRA QUEREN UN CONGRESO PARTICIPATIVO

O Congreso Local do PP de Pontevedra se celebrará o próximo 12 de xullo. Telmo Martin o ten claro “Calquera dos 2.189 afiliados que ten o PP en Pontevedra pódense presentar reunindo o 20 % dos avales”. “Cantos mais candidatos a presidir o PP se presenten, mellor”, “Temos que aprender do que está pasando, do que sucedeu nas eleccións europeas”. Mentras, Rafael Louzán, pide a participación masiva dos afliados. Xa que considera que a participación será un síntoma das ganas de traballar por este partido e de que o PP conta cunha candidatura forte na capital da provincia.
Louzán incidiu en que non hai que esquecer que o PP foi o partido que gañou as eleccións municipais en Pontevedra, que os cidadáns decidiron que o partido máis votado fora o PP, pero que os pactos a posteriori impidiron que hoxe goberne. “Os dous partidos decidiron unirse despois de que as urnas falaran”.
Louzán dixo descoñecer se se vai presentar máis de unha candidatura, o único candidato do que ten coñecemento é de Jacobo Moirera porque así o manifestou en repetidas ocasións.
Explicou ademais que o candidato non está aínda decidido, de maneira que podería coincidir ou non co que saia elixido presidente local. “Agora temos que afrontar un congreso, un proceso necesario para darlle estabilidade ao partido, e despois O Comité Electoral de Galicia tomará a decisión do candidato. Hai que ir paso a paso”.
Louzán agradeceu ademais o traballo do actual presidente local, Telmo Martín, e de todo o seu equipo. “Hai que agradecerlle todo o traballo feito, e recordar ademais que el se presentou en dúas ocasións, e nas dúas gañou as eleccións”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

qUE LO HAGAN IGUAL QUE EN cORUÑA HACE CINCO AÑOS ,UNA CANDIDATIRA JOVEN ,P`REPARADA ,EN SUS FILAS LLEVABA PÈRSONAS MUCHO MEJPORES QUE LOS PROPIOS CONCEJALES Y ESO AL NEGREIRA NO LE GUSTO ,Y TIVO QUE LLAMAR A LA BEA MATO T A PILAR FARJAS ,VEREMOS CUANTO DURA ESTE MENSAJE AQUI ,EN DONDE APARECE EL NEGREIRA ME LO SACARON