lunes, junio 23, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE O BARCO DE VALDEORRAS

O Congreso Local do PP en O Barco de Valdeorras refrendou co 100% dos votos a candidatura de Moisés Blanco Paradelo.
Durante a súa intervención, o presidente local electo agradeceu o unánime apoio recibido e destacou a unidade existente dentro do PP de O Barco, tanto de militantes e afiliados, como de concelleiros, ex concelleiros e ex presidentes locais, unidos e amosando como un dos seus compromisos o de seguir traballando nesta línea para continuar sumando apoios. "O Partido Popular de O Barco xa pasou suficiente tempo na oposición, demostrando que hai alternativa, que hai ideas, que hai discurso. En definitiva, que está preparado para dirixir o cambio que precisa o municipio". Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra Pedro Puy Fraga e Manuel Baltar, encargado de clausurar o Congreso Local.
Congreso Local do PP serviu tamén para rendir homenaxe de lembranza a tódolos militantes, afiliados e cargos populares de O Barco que faleceron nos últimos anos -53 en total, que lembrou a irmá de Pepín Crespo, histórico presidente local que faleceu en accidente de coche cando se dirixía a Ourense a unha reunión de partido-, entre os que se atopaban, por exemplo, o ex alcalde de O Barco e presidente de honra do PP local, Julio Gurriarán; Delia Afreijo, histórica militante, a primeira afiliada ao PP barquense; ou Gabino Méndez, membro da executiva local. Todos eles significados pola súa entrega e traballo a prol do Partido Popular, tal e como se puxo de manifesto na homenaxe.

No hay comentarios: