lunes, junio 30, 2014

CONGRESO LOCAL DO PP DE GOMESENDE

Celebrouse o Congreso Local do PP de Gomesende. Pura Rodríguez Álvarez, candidata única, contou coa unanimidade dos compromisarios que depositaron os seus votos, cun respaldo do 100%.
No discurso como candidata previo á votación, Pura Rodríguez Álvarez manifestou a súa idea de organización para o PP de Gomesende, onde prima "o traballo en equipo, a implicación da xente nova no noso proxecto político e contar día a día cos nosos militantes e simpatizantes, con reunións periódicas e frecuentes para analizar as necesidades que van xurdindo en Gomesende".
Tralas votacións, e xa como presidenta local electa, Pura Rodríguez Álvarez anunciou que o seu antecesor no cargo, Radigundo Castro, será o presidente de honra do PP de Gomesende, como recoñecemento a prol do partido e do municipio como alcalde que foi. Ademáis, a presidenta local recalcou varias claves de cara o futuro no municipio: "Entre as nosas necesidades máis importantes se atopa a de fixar poboación, así como a de tratar de conservar e mellorar as nosas infraestruturas e servizos. De feito, tratarermos de aproveitar as instalacións do grupo escolar, hoxe sen nenos, como centro de día ou residencia, co fin de non perder esta infraestrutura e dar un importante servizo aos nosos maiores".
Manuel Baltar, no seu discurso de peche do Congreso Local, agradeceu aos membros do PP de Gomesende o traballo desenvolvido a prol das políticas populares, algo refrendado en tódolos procesos electorais, así como "o compromiso coas mulleres e a xente xoven para aportar frescura e bo facer nas filas do PPOU, sen esquecer o valor da experiencia, que en Gomesende está personificado no presidente de honra do PP local, Radigundo Castro".

No hay comentarios: