lunes, junio 09, 2014

CAMPAÑA DO PP DE POIO

O PP de Poio presentou unha campaña reivindicativa co fin de que o Goberno local informe de unha vez por todas aos veciños do estado no que se atopa a tramitación do PXOM e que zonas se verían afectadas polo corredor. Nesta liña os populares acusan ao Goberno local de falta de transparencia e ocultación de información. "Poio debe ser o único concello que envía o PXOM á Xunta sen que pase previamente por unha comisión de Urbanismo".
O máis grave, é que tampouco se lles informou aos veciños de cal era o plantexamento, nin cales eran as zonas afectadas polo corredor. "Todas as noticias que temos é pola prensa".
O voceiro popular, Ángel Moldes, explica que o obxectivo do PP non é buscar problemática, facer demagoxia nin alterar aos afectados, o único que demandamos é información por parte do Concello, e que esa información a teñan tamén os veciños. "Cremos que o PXOM é o documento, xunto cos Orzamentos que máis lle inflúe ao Concello, e cremos que ten a suficiente importancia como para que todos saibamos cales son as liñas a seguir".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pobrecito el Ángel Moldes... tiene menos luces que un barco pirata pero más que el anormal que había antes. Algo es algo...