miércoles, junio 18, 2014

BOLETIN INFORMATIVO DO PP DE VALADOURO

Os populares do Valadouro repartirán un boletín informativo no que, a modo de balance do último ano de goberno, denuncian a mala xestión e os incumprimentos do tripartito municipal e sinalan que o Partido Popular segue a ser a opción que acada un maior apoio entre os veciños deste municipio, consolidando a súa sólida posición como alternativa de goberno.
Cando se ten cumprido un ano desde a moción de censura asinada por socialistas, nacionalistas e Udival, os populares do Valadouro queren facerse eco da sensación de retroceso e tempo perdido que, dun xeito crecente, están a trasladarlles os veciños do municipio á hora de xulgar a xestión levada a cabo polos actuais responsables do Concello.
O boletín consta de dúas partes, unha primeira na que dan conta da acción de control do Goberno local e unha segunda na que explican as medidas e actuacións desenvolvidas polo PP coa finalidade de dinamizar o municipio e responder ás inquedanzas e preocupacións dos veciños. Aseguran tamén que converter o boletín nunha publicación periódica e animan a todo aquel que queira colaborar ou achegar a súas suxestións a que o faga directamente aos concelleiros populares ou remitindo un correo ao enderezo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pareceme asqueroso que vosoutros faledes de facer cousas neste concello cando o pp non fixo nada,que eu recorde dende que teño memoria,vexo que vos entra o medo ou e que xa terminouse a economia que sacastes deste concello, pareceme que debe ser esto ultimo e ante a desesperacion enviades estos folletos que o unico que valen e pra gastar diñeiro,si en vez dos folletos enviarades a cada familia que ten uns medios que logo non pode vivir 100 euros pa comer seguro que seriades mais convincentes,ou e que o ex alcalde ya finalizou os recursos que gañou no axuntamento? Pois que se amañe como poida tamen os mais nos temos que apañar e sin sude pero claro gañar oxe o que el gañaba solo o fan alguns alcaldes e por eso queren volver a selo pois que traballe que pode faceli ben,e el fala mal dos actuales,pero cando queira direille o quw fixeron eles ou a caso non colleron diñeiro das obras municipais? Pois colleron e moitos