lunes, junio 02, 2014

BARREIRO ANALIZOU OS RESULTADOS DO PP DE LUGO

Xosé Manuel Barreiro fixo balance das eleccions na reunión do Comité Executivo Provincial celebrada esta fin de semana, e destacou o PP incrementou na provincia de Lugo a distancia cos socialistas, ademais de sumar máis votos que PSOE, BNG e AGE xuntos. O PP foi a forza máis votada ao gañar os comicios en Lugo con máis do 42% dos votos.
Dunha maneira máis concreta, explicou que a súa vantaxe sobre os socialistas na provincia é de 18,8 puntos; ademais “obtivemos 4.923 votos máis que a suma de PSOE, AGE e BNG”, o que fai que “ademais de ser a forza política con maior respaldo dos lucenses, con estes resultados tamén obteríamos unha maioría absoluta”. Ante esta análise, explicou que “non se está ante un tema menor, se temos en conta por un lado o contexto socioeconómico no que se deron estas eleccións e cuxa crise obrigou ao goberno Central a tomar medidas dolorosas e pedir sacrificios moi grandes”. Por outro lado, Barreiro destacou que Gómez Besteiro, quen preside a Deputación ademais de ser líder dos socialistas “unha vez máis volveu a perder de xeito estrepitoso as eleccións”.
Ante os membros do Comité Executivo Provincial, Barreiro analizou os resultados por municipios e asegurou que se gañaran os comicios en 60 dos 67 concellos lucenses; sendo polo tanto a cuarta provincia de España con mellores resultados. Estes datos permiten facer, segundo Barreiro, unha primeira análise “satisfactoria” e máis tendo en conta que no caso de extrapolar os datos poderíase asegurar que “o PP recuperaría a Deputación e obtería ata 16 deputados”. Os datos manifestados poñen de relevo o peso do PP na provincia.
A maires esta análise realizarase por distintos puntos da provincia a través de reunións con cada un dos representantes locais para coñecer cales son as causas que deron mellores ou peores resultados ao longo da provincia.

1 comentario:

Anónimo dijo...

que pasa en lugo que no pasa nada