miércoles, junio 04, 2014

BAIXADA HISTORICA DO PARO

O PP de Galicia destaca que a histórica baixada do paro en Galicia supera o destacado descenso rexistrado en España. Segundo subliñaron no mes de maio rexistráronse en Galicia un total de 263.444 persoas desempregadas, o que supón que hai 6.700 persoas paradas menos respecto a abril, é dicir, un 2,48% menos.
Trátase dunha baixada superior á rexistrada a nivel estatal, onde a porcentaxe foi dun 2,39% de parados menos. É dicir, o paro cae máis en Galicia que no conxunto de España.
Do mesmo xeito, con respecto ao mes de maio de 2013, o paro baixou en Galicia en 20.442 persoas, é dicir nun 7,20%, mentres que a nivel estatal o fixo nun 6,51%. Segundo destacan os populares galegos, isto supón o maior descenso interanual en Galicia en termos absolutos nun mes de maio desde 1999. Cabe destacar, ademais, que non se producía un descenso interanual do paro nun mes de maio desde o ano 2007.
Ademais, convértese na sétima baixada interanual consecutiva do paro rexistrado e a maior de todas elas, o que confirma a mellora progresiva no comportamento do desemprego. Así mesmo, o PPdeG pon de manifesto que, en termos intermensuais, trátase do maior descenso en termos absolutos e relativos desde 2007.
En termos interanuais absolutos, Galicia convértese na sexta comunidade autónoma na que máis baixa o paro. Segundo destacaron, a recuperación económica non ten marcha atrás, por máis que algunhas minorías radicais queiran revertela para obter réditos electorais.
Todos os esforzos realizados a nivel económico por parte do Goberno de Feijóo e do Goberno de Rajoy están dando os seus froitos, tal e como reflicten as cifras macroeconómicas, especialmente, as que máis preocupan aos populares, que son as do paro.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Las listas del paro es una tomadura del pelo enorme ,a mi me gustaría saber en primer lugar ,cuantas personas están trabajando y en segundo,cuantas horas en total trabajan ,pues puede ser que 18.millones de personas trabajen menos horas que 16.millones , en tercer lugar ,transparencia ,si es sencillo,y venga y venga a tomarnos el pelo ,sin darse de cuento que son ellos los que están torpedeando nuestra creencia en las instituciones .Dicho esto ,me alegro de todas las personas que en por si puedan llevar unos euros para sus casas

Anónimo dijo...

Feijoo es un pinocho pero habla en público muy bien: el paro en Galicia no se explica sin las cifras de enjecimiento de la población y de emigración. Ahí seguimos a la cabeza. Pero que no piense que somos tontas y tontos.

Anónimo dijo...

Al final vamos a trabajar entre dos y cuatro horas y no vamos a tener paro,pero tampoco para comer,me parece que al final lo mejor es marchar para otro pais y dejarnos de historias

Anónimo dijo...

En Galicia, en maio de 2014, estaban afiliados á Seguridade Social 915301 persoas, 3128 máis que en maio de 2013, pero menos que en maio de 2002 a 2012.

Con respecto a abril de 2014, en A Coruña aumentou a afiliación en 2140 persoas, en Lugo aumentou en 490, en Ourense en 291 e en Pontevedra en 2885 persoas.

Con respecto a maio de 2013, en A Coruña aumentou a afiliación en 2407 persoas, en Lugo aumentou en 38 persoas, en Ourense minguou en 280 persoas e en Pontevedra aumentou en 963 persoas.

Collido de: http://www.estoxo.blogspot.com.es/2014/06/evolucion-do-emprego-en-galicia-e.html

Non é para tanto alborozo¡¡

Anónimo dijo...

Al señor de la 1:55 pm ,comparto su comentario ,sin embargo en el primero de esta lista esta uno que me llena mas ,el saber por cuantas horas estamos contratados ,como lei aquí un día 4 x 2 = 8 y 8 x 1 =8,en un lado son cuatro obreros y en el otro es uno ,esa es la respuesta buscada,gracias

Anónimo dijo...

Está claro. Si sube es por la herencia recibida. Si baja es gracias a nosotros. Aprendido esto, y como los ciudadanos son gilipollas perdidos, seguro que nos votarán.

Uy, no, pues parece que no...mira que si al final no van a ser tan gilipollas como creen sus dirigentes...