viernes, junio 06, 2014

APOIO DE MOREIRA A ANA E TAMARA

O voceiro municipal do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, transmitiu o seu total apoio a Ana María González e Tamara Vidal, as dúas traballadoras das piscinas de Campolongo condenadas en sentencia firme a tres anos e un día de prisión por un delito de coacción no dereito á folga, unha resolución ligada a un incidente ocorrido durante o paro de principios de 2010 nese sector laboral.
Moreira comprometeu o voto favorable do PP á moción que proximamente se debaterá no pleno da corporación para sumarse á petición de indulto para estas mulleres.
O encontro desta mañá entre as dúas traballadoras e o concelleiro, que tivo lugar na sede local do PP situada na rúa Oliva, permitiu a Moreira transmitir persoalmente ás dúas afectadas a súa solidariedade ante a pena xudicial que se lles impuxo, "unha condena claramente cuestionable polo sentido común", indicou. Tamén lles comunicou que días atrás asinou, a título individual, a petición de indulto dirixida ao Ministerio de Xustiza que as afectadas teñen habilitada a través da páxina web change.org (www.change.org/es/peticiones/ministerio-de-justicia-concedan-el-indulto-a-tamara-y-ana).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O feito, mal feito está. Pero que con tanto kinki por ahí adiante, tanto mangante español e non español, xa sin contar corruptos e similares que éstas teñan que ir ó cárcere... Logo ó resto que facemos? Mandámolos ó paredón?

Anónimo dijo...

Moreira que se vaya... Este y sus acólitos dan más que pena que un día sin alegría... Y mientras Rueda -que lo apoya- encantado porque en Pontevedra nadie le hace sombra... Triste es poco...