lunes, junio 30, 2014

ALCALDE DO PP EN ARBO

Horacio Gil é o novo alcalde de Arbo tras prosperar a moción de censura presentada polo PP e o grupo independente de AIAR.
A moción foi aprobada no Pleno extraordinario celebrado no Concello de Arbo polos 5 concelleiros do PP e os dous independentes de AIAR, de maneira que apartan da alcaldía a Xavier Simón. Os tres membros do grupo nacionalista e a concelleira non adscrita, Fabiola Durán, que anteriormente pertencía ao grupo de AIAR, votaron en contra.
Tras asumir o bastón de mando, Horacio Gil incidiu na necesidade de que Arbo teña un goberno sólido e prometeu traballar desde o primeiro momento para devolverlle a estabilidade ao concello. Subliñou ademaisque o seu grupo está plenamente lexitimado para ofrecer unha alternativa de goberno.

1 comentario:

Anónimo dijo...

no permiten mas comentarios en congreso a la baja